lunes, 30 de diciembre de 2013

Goma Eva

Para o 4º e último traballo decidín traballar co material chamado goma eva. Fixen un collage cun debuxo animado e cun nome. Usei varias cores, azul de fondo e tonos rosa para o nome. O debuxo animado levaba distintas cores, tonos rosas e vermello. Este material é moi fácil de traballar, xa que é fácil de recortar, fácil de pegar e de manipular. Para realizar este traballo comecei facendo o debuxo, primeiro a silueta e logo os detalles máis pequenos, como os ollos, a boca... Unha vez feito o persoaxe pasei a pegalo na base azul xunto co nome. O resultado foi este:

Terceiro traballo: Puntillismo

Para o terceiro traballo escollín a técnica do puntillismo. Decidín facer unhas zapatillas deportivas e o resultado foi o da imaxe. O primeiro para facer este traballo é debuxar o contorno das zapatillas con puntiños. Pouco a pouco van collendo forma e a continuación pasase a facer con máis puntiños os detalles. Para isto usei un boli pilot negro.
O segundo traballo que realiceo foi con PLASTILINA. Decidín facer unha tartaruga e o resultado final foi o seguinte:
O primeiro paso foi facer o caparazón que consiste nunha bola verde de plastilina algo aplastada pola base e con forma de ovo por arriba. A parte de abaixo cubrina de outro verde para que destaque e a continuación pasei a facer os detalles do caparazón. Para isto usei plastilina marrón, usei unha barriña larga e delgada para separar a parte inferior da superior do caparazón e logo formas xeométricas pequeniñas para formar o caparazón. O seguinte paso foi facer as patas para levantar o caparazón. Con catro boliñas de plastilina verde do mesmo tamaño fanse, e logo fixenlle o detalle das unllas. Xa por último fixen a cabeza con dous tonos diferentes de verde, ao igual que o caparazón. Logo o detalle dos ollos e a cola.
Boa tarde! Son Andrea Queiro Eiras e comezo hoxe este blog para a materia Didáctica da expresión plástica e visual cursada no terceiro ciclo do grao en Educaciñon Infantil na facultade de ciencias da Educación de Ourense. Na presente entrada e nas sucesivas ensinareivos os catro traballos prácticos que realicei e as pautas que seguín para facelos estes últimos meses. O primeiro traballo realiceino coa técnica do CARBONCILLO. Aínda que aparentemente pareza un traballo complicado teño que dicir que cando comezas a facelo resulta doado. Material necesario: carboncillo, difumino de varios tamaños (punta grosa e delgada)e papel ingres. O 1º paso foi debuxar os rasgos da foto orixinal no papel ingres. Eu comecei polos rasgos faciais e o contorno da cara. unha vez marcada a figura principal pasei a pintar o pelo usando máis carboncillo para conseguir un oscuro perfecto. Os detalles máis minuciosos, como os ollos ou a boca acabeinos co lapis de carboncillo. Foi unha técnica que me gustou xa que o difumino permitiache corrixir erros e extender por donde quixeras o carboncillo.